"Aínda non saíches pasear?" Levo días (desde o primeiro) recibindo esta pregunta. A minha resposta é, por se se vos ocorre preguntarme por enésima vez, "non, porque non o necesito".
Paréceme lóxico que se deixe saír a xente que o necesita psicoloxicamente, á que tinha o hábito por saúde mental ou física, crianzas, deportistas... En realidade paréceme lóxico que saír da casa forme parte das primeiras medidas da desescalada.
Dereito non é obriga. Tenho dereito a saír, pero non saio porque non o necesito.
Saio cando a intendencia da casa me obriga, e sairei para ir traballar cando me toque, e irei á casa de meus pais (necesidade que si sinto), tamén irei mercar libros pendentes... e ó teatro, fáltame moito o teatro.
Pero non tenho necesidade de botarme á rúa porque si, porque xa podo.
Ninguén ve sensato que unha persoa abstemia que cumpre 18 vaia beber alcol só porque pode. Moito menos agarrar unha chea, non? Pois isto é o mesmo.
Eu solidarízome con quen o necesita e cédolles o meu cacho de rúa. Anímovos a que cada vez que vaiades abrir a porta da casa para saír de paseo nestes días de desescalada vos preguntedes se o facedes porque podedes ou porque o necesitades realmente.
Quero que isto remate canto antes. Imaxino que como todo o mundo, non?