21/5/09

Taru e a discriminación positiva

Esta é unha entrada que escribín na rede de Cabozo (que por certo vos recomendo) sobre Taru Rinne, é breve pero intensa. Perdonai a inxente cantidade de sutilezas verbais que adornan o texto (Curra, non me reñas, é que hoxe levanteime moi Puig)


Taru Rinne

Taru é, ata o momento, a mellor pilota da historia das motos. Corría con moi poucos medios, pero daquela, aínda se podían ter bos resultados así. A súa carreira rematou cando Míster Ecclestone de los Coj. lle enviou unha carta, mentres estaba lesionada, decíndolle que a botaba do mundial porque non conviña que estivera alí (así como te lo cuento)... algunhes pilotos sentían encollemento de huevos e escozor anal cando esta tía se lles poñía por diante; lembro particularmente o caso de Míster Aspar, que se tirou encima da moto coma un tolo cando viu que Taru lle arrebatara a pole.

Actualmente hai campionatos de mulleres, o que me ten tanta lóxica como as listas paritarias e demais insultos de discriminación positiva, tendo en conta que no motociclismo de velocidade (o trial, por exemplo, é outra historia), contan máis a intelixencia, a habilidade e o valor que o músculo. Pero claro, sucede o mesmo que coa paridade, mellor que as femias compitamos entre nós, así entretéñennos comendo migaxas mentres eles ostentan o poder real alardeando de bandeiras pseudo progresistas e esgrimindo un respecto hipócrita que, pola miña parte, poderían meter polo "oasis no deserto".

8 comentaris:

Anònim ha dit...

Pois a min o que acabache de escribir pareceme unha xenialidade, o que a socidade vende e estereotipa de que certos deportes de grandes premios só masculino... xa estou bastante farta de observalo esa discriminación positiva basada na "forza" masculina, mulleres tan grandes do deporte nunha sombra a causa desto ...


Bicos Lupeee

Leti

I.MouronteB. ha dit...

[...]poderían meter polo "oasis no deserto".

Sinceramente eu non sería tan eufemístico, que lle imos facer, un que é pouco fino falando.
Cada un polo que vale, sen tantas caralladas de "xénero", "raza" ou o que sexa.

Digo "xénero" e non sexo, porque as diferencias de sexo son doutra maneira, onde estea unha muller guapa que se quite un home feo!! pero esa xa é outra historia... (desto último nin caso)

Saúdos, e cada un polo que vale, que é moito.

vmb ha dit...

O certo é que no mundo do motor non me ten moito xeito a división en campionatos masculinos e femininos (mencionar para as catro rodas a Michèle Mouton).

Nalgúns deportes existen intentos (independentemente da súa oficialidade) de congregar varóns e féminas como no caso de campionatos de dobles parellas mixtas en tenis ou en equipos de hockey infantís...
Non sei de máis casos pero sería curioso ver equipos mixtos de fútbol (e dos outros deportes tamén), claro que sen medidas paritarias vexo como algo complicado.

E anímote a facer unha entrada no blog de Katja Poensgen... con moitas fotos...ha ha.Saúdos.

bopeixe ha dit...

Moi bo,lupe. Por certo, dende aquelas non houbo ningunha muller no mundial? nin sequera noutras cilindradas? Por outro lado, eso do oasis no deserto resultame moi familiar,jaja

Gonzalo Caamaño hermo ex alumno ha dit...

ultimamente o mundo completo no que vivo todo e culpa d eclestone unha culpa mais o de non deixar correr a unha muller weno q lle aprobeite. q tal como che vai todo lupe o outro dia cruzeime contigo na via rapida saludeixe e non me saludaches espero q non me viras. por outra banda facemos fincape a conversa que tiñamos sempre q pedrosa como vai, non acaba de arracanr e lorenzo esta donde non lle corresponde eu fago unha forte aposta por este descafeinado stoner q sin dar mostras do agresivo pilotaxe q o caracteriza pois sta ahi a ver se nos amostra como vai unha ducati como e debido un saudo lupe

lupe ha dit...

meu Avuelo dicía que o inferno se paga en vida (versión galaica do karma oriental), así que o Eccle ha recibi-lo que sachou antes ou despois.
pois claro que non te vin... como podes dudalo? co que vos boto de menos!! esperaba que me viñerades ver cando vos tocar trae-los cadernos da FCT, pero só me buscou Ricardo (por razóns obvias).. non vou negar que me quedei un pouco decepcionada.
Pedrosa... non sei, nin que os vira unha meiga! o que é alucinante é que estea non posto que está todo roto e con esa m. de moto! esto non fai máis que demostrar o que xa temos falado, é sobrehumano e punto
unha aperta!

Anònim ha dit...

Elena Rossel

lupe ha dit...

Este último anónimo déixame algo desconcertada. Espero que non sexa unha insinuación de que a Elena lle pasou ou lle está a pasar algo parecido... espero que non, porque agora xa son maior de idade e xa me lin a constitución. Para quen non a coñeza, esta muller é unha prometedora pilota de velocidade desas que non necesitan campionatos femininos, difícil será que lle apareza outro Ecclestone, e se así sucedera... conta comigo, Elena!!