6/3/09

libertaria

Lady Godiva, John Collier
só preciso a miña felicidade e a liberdade de todos
por iso hai veces que non podo dicir publicamente o que penso
porque atenta contra as construccións vitais de pseudofelicidade dalgunhes
e contra todos aqueles que se proclaman adalides da liberdade
por eso non podo dicir publicamente que as cuotas femininas me parecen unha degradación hipócrita das nosas capacidades
e que cada un fale na lingua que lle pete, sempre e cando non lle digan ós demais en qué teñen que falar
porque, entonces, diríanme, ti non eres feminista
porque entonces, diríanme, ti non eres galeguista
e logo situaríanme "no outro bando"
(e caería na estúpida trampa de xustificarme... aínda que tente evitalo, caio moitas veces)
porque a xente para vivir precisa simplificar o mundo en dicotomías
un adolescente maduro é o que logra discernir entre as dicotomías que os adultos se impuxeron hai séculos para madurar
é máis fácil catalogar que respectar
dividir a humanidade en navetas clasificadas que comprender os porqués dunha soa persoa
as dicotomías clasificatorias son cómodas e seguras

cando tiña dazaseis anos, cría na dictadura do proletariado
cando tiña dazaoito, os meus amigos comunistas desprezaban a miña militancia socialista
cando tiña vinte, estaba exiliada na Bretaña dos insultos dos que se sentían á miña dereita, dos desprecios dos que se sentían á miña esquerda e da miña propia incómoda presencia ante aqueles que murmuraban "xa cambiará"

e cambiei.
volvínme libertaria, porque libre non sei se o darei sido nunca
e se alguén me pregunta cal é agora a miña ideoloxía, direi que libertaria, e entonces han quedar pensando
porque non hai ningún partido político, ningunha asociación, ningunha causa
que se declare libertaria unicamente
pero saberán
que se me impoñen a min por diante de outros
irán contra a miña "ideoloxía"
que se impoñen algo meu a outros
irán contra a miña "ideoloxía"
que se impoñen, simplemente,
irán contra min

e eu non hei ir contreles
só escribirei o que me pete, donde me pete e cando me pete

7 comentaris:

vmb ha dit...

Eiiiihhh... estas ideas recórdanme extrañamente unha obra do señor Hesse... ha ha.

lupe ha dit...

a unha en concreto ou a Hesse en xeral? JaJaJa

vmb ha dit...

Pois eu víñame referindo a Siddhartha... basicamente porque é a única que lin de Hesse...he he.
E por certo que aínda teño pendentes de lectura as recomendacións que me fixeras de Darío Xohán Cabana; agora que teño tanto tempo libre poden ser lidas.

Martín Seco García ha dit...

Lupe dende que te coñezo, ti sempre militache nesa ideoloxía que hoxe tan ben nos explicas, aínda que agora te sintes máis "libre" para amosala, ¿fasme un sitio nesa ideoloxía túa que sona tan ben?.
Un besazo.
Martín

Martín Seco García ha dit...

MIra que artículol robé para mi blog, jejeje

lupe ha dit...

claro que hai sitio, e non hai cotas nin linguas oficiais

el árbol rojo ha dit...

ai lol yu, lupislázuli