12/4/08

motomecánica

DailyMotos.TV é unha canle de televisión na rede adicada en exclusiva ás motos. A súa programación aínda non é moi extensa, pero, a parte de entrevistas moi interesantes e reportaxes de marca, ten un programa de introducción á mecánica de motos dirixido por Juan Manuel Requena que vos gustará tanto a moteir@s noveles como a estudiantes de mecánica, xa que non resuta fácil atopar vídeos didácticos de mecánica de motos e, por moi básicos que sexan, os poucos que haxa serán ben recibidos.
Aí vos van unha présa deles:
buxías:

cadeas:

filtros de aire:



Xa que estamos, tamén vos vou recomendar outra páxina de técnica introductoria: http://www.mundofree.com/burnout/tecnica/submaest.htm

3 comentaris:

vmb ha dit...

Interesante. Pena que non teña unha moto para destruir...digo desmontar ...he he

eva ha dit...

e digo eu: neso da mecánica hai moita poesía, ou non?

lupe ha dit...

Ás veces si, aínda que eles (os mecánicos) traten de negalo. En primeiro tiven un profesor de chapa que parecía recitar en lugar de falar (de feito íao utilizar como símbolo da metapoesía naquel taller literario abortado no último momento)... era coma se acariciase as palabras que lle ían saído, naquelas clases lembreime moito de vós!